Logos

Centros de capacitación dixital de entidades locais

Proxecto:

Programa de axudas para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais. Convocatoria 2023.

Convocatoria:

Orde EFP/440/2023 de 24 de abril pola que se establecen as bases reguladoras e realízase a convocatoria para o ano 2023, para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea; Next Generation EU.

Modificado da convocatoria: Resolución da Secretaría Xeral de Formación Profesional pola que se modifica o prazo de xustificación económica das axudas establecidas pola Orde EFP/440/2023, de 24 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e realízase a convocatoria para o ano 2023, para á creación dunha  rede estatal de centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea; Next Generation EU.

Axente/s financiadores ou cofinanciadores

  • Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes: Creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU.
  • Política panca: Panca VII. Educación e coñecemento , formación continua e desenvolvemento de capacidades.
  • Compoñente 19:  Plan Nacional de Competencias Dixitais (dixital skills). Este compoñente ten como obxectivo garantir a formación e inclusión dixital da cidadanía e os traballadores, non deixando a ninguén atrás no proceso de transformación dixital da sociedade e a economía. Diríxese así ao conxunto da poboación, e pon especial atención ao peche da brecha de xénero e ao impulso da formación nas zonas en declive demográfico.
  • Investimento: C19.I1, Competencias dixitais transversais que inclúe:
    • O desenvolvemento dunha rede de centros de apoio á formación dixital.
    • Accións específicas de inclusión dixital (campaña xeral de difusión e sensibilización, campaña de fomento do humanismo tecnolóxico, Plan Dixital de ensino e difusión da cultura e a lingua española no exterior).
    • Accións de capacitación para a cidadanía dixital e (IV) un programa de fomento da capacitación dixital das mulleres e de vocacións científico-tecnolóxicas na escola.

Expediente solicitude:

Núm.: 20093-77. A probación da participación do Concello de Vigo no proxecto denominado "Centro de Capacitación Dixital" de Vigo e solicitude de subvención no marco do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU.

Actuacións solicitadas:

Área de Goberno xestor do proxecto:

  • Área de Emprego, Fondos Europeos, Patrimonio, Medio Ambiente, Educación, Deportes e Mocidade.

Concesión subvención:

Resolución do 27 de novembro de 2023 da Subdirección Xeral de Planificación e Xestión da Formación Profesional do procedemento de concesión de axudas á convocatoria do ano 2023, para a creación dunha rede estatal de centros de Capacitación Dixital en entidades locais no marco do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100