Medio Ambiente

Noticias de Medio Ambiente

Lista de noticias

Noticias

2026-09-17. O Concello permite aos quioscos de praia reprogramar os concertos cancelados polo mal tempo

Foto noticia
O alcalde anunciou esta mañá que o Concello permitirá aos quioscos de praia recuperar os concertos que tiveron que ser suspendidos polo mal tempo a finais do mes de agosto. As actuacións poderán organizarse nas fins de semana de setembro e outubro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-14. Vigo retoma este outono o programa medioambiental "Camiño a Camiño\"

Foto noticia
O alcalde explicou este luns que a iniciativa municipal inclúe percorridos medio ambientais, hortas urbanas, voluntariado medio ambiental e cursos de formación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-03. O Concello inicia en Barreiro a creación de nove novos parques caninos

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobará a licitación do primeiro recinto, cun investimento de case 169.000 euros, dentro dun programa que superará o medio millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-18. O Concello realizou preto de 1.000 actuacións de limpeza en parcelas para previr incendios

Foto noticia
Abel Caballero destaca a intervención subsidiaria en 547 parcelas das faixas secundarias e outras 438 en solo urbano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. VigoNature contará con novas actividades de educación ambiental durante os próximos dous anos

Foto noticia
O Concello adxudicou o programa de actividades educativas de VigoNature para os próximos dous anos, cun importe de 130.000 euros. A iniciativa dará continuidade á transformación do antigo zoolóxico nun espazo dedicado á divulgación, á sensibilización e ao lecer vinculado coa natureza. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. Vigo arranxará o paseo do Lagares ante a inacción da Xunta de Galicia

Foto noticia
O alcalde censurou a desidia do Goberno autonómico coa súas competencias na cidade, logo de que derive ao Concello a responsabilidade das obras na conca do Lagares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-30. A praia da Fontaíña estrea unha nova pasarela de madeira

Foto noticia
Abel Caballero visitou esta mañá a renovada infraestrutura do areal da parroquia de Coruxo. O Concello de Vigo investiu 48.000 euros. "É ampla, segura e camíñase moi ben", destacou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-29. VigoNature programa 20 sesións divulgativas en agosto para observar de forma segura a eclipse solar

Foto noticia
O alcalde apuntou este mércores que, ao finalizar cada unha das actividades, os asistentes recibirán uns lentes homologados para contemplar o fenómeno astronómico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-28. Vigo pon en marcha unha das potabilizadoras máis avanzadas do mundo

Foto noticia
O alcalde inaugurou oficialmente a nova Estación de Tratamento de Auga Potable do Casal, unha infraestrutura de vangarda na que o Concello investiu 23 millóns de euros. A planta incorpora tecnoloxía pioneira de ultrafiltración, reforza a seguridade do abastecemento para o próximo medio século e fornece auga a Vigo e a outros cinco municipios da súa contorna. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-27. O Pleno aproba de forma definitiva a Ordenanza de Baixas Emisións

Foto noticia
A nova norma, que saíu adiante coa oposición do PP e do BNG, facilitará o acceso, estacionamento e circulación dos vehículos nas catro zonas reguladas: o centro da cidade, a Praza de Portugal, Bouzas e O Calvario. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100