Montes, parques e xardíns
Está situada na Praza de Compostela, preto do porto e nunha zona de servizos, comercios e ocio. Créase a finais do século XIX sobre un recheo gañado á cidade. É o primeiro xardín público urbano que ten Vigo.
A alameda foi variando ao longo dos anos. Na súa orixe, era un parque con forma de rectángulo cuxo lado maior estaba orientado á liña de costa; nel unicamente había un conxunto de árbores (56 chopos prateados). Hoxe en día, o seu deseño variou até ter a configuración actual.
O parque conta cunha gran fonte central, con xogos de auga e luces, así como diferentes esculturas -distribuídas ao longo do parque- obras de Camilo Nogueira e José Luís Medina.
As esculturas de Camilo Nogueira son (entre outras):
As obras de José Luís Medina son de tipo animal e así atopamos a escultura dunha hiena, un cisne ou un caracol sobre o que cabalgan uns nenos.
No centro dos xardíns atópase a estatua de Méndez Núñez (obra de Agustín Querol), construída en bronce. Méndez Núñez foi un mariño vigués que tivo baixo o seu mando a fragata Numancia, o primeiro acorazado que deu a volta ao mundo.
As árbores da Alameda son, na súa maioría, centenarias e destacan sobre todo camelias e magnolias.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100