Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Vigo Edificios Inteligentes

UNHA CIDADE PARA AS PERSOAS. ACCESIBLE, EFICIENTE E COMPROMETIDA

Vigo é unha cidade que foi capaz de dotarse durante os últimos anos de accións e proxectos transversais que facilitaron o avance cara a un modelo urbano sostible, en coherencia cos hoxe denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e cuxa meta consiste en fomentar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás desde o ámbito local, proxectando unha cidade en termos de igualdade, resiliencia e liberdade que garanta unha distribución equitativa do benestar entre todas as persoas.

Neste marco, o Concello de Vigo, pertencente á “Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI)”, concibe a cidade como unha “máquina” capaz de reflectir o comportamento das persoas, de tal maneira que permita identificar os elementos físicos e psicolóxicos que inciden na calidade de vida proxectada da cidadanía.

Así, o proxecto Edificios Intelixentes (VEI) intégrase de forma coherente neste modelo urbán sostible desenvolvido, que se asenta nunha cidade máis saudable, máis transitable, intelixente, verde e agradable para vivir (ODS). Trátase dun proxecto piloto que se integra na convocatoria “Pilotos Edificios Intelixentes” da entidade pública Red.es que se centra en promover actuacións dirixidas ao tratamento dos edificios existentes como “obxectos internos de cidade”, capaces de integrarse nas necesidades da cidade intelixente do século XXI.

Esta integración realízase considerando os edificios como un nodo IoT (Internet das Cousas nas súas siglas en inglés), que vai achegar toda a información do edificio á plataforma Vigo Smart City (VI+) a través dun sistema de sensores e medidores instalados. A análise continua da información incorpora un conxunto de indicadores inicialmente seleccionados que integran variables medio ambientais internas (ruído interior, calidade do aire, confort térmico, etc.), variables medio ambientais externas (calidade da auga, aire, ruído, consumo enerxético, etc.), variables de satisfacción global (nivel de ocupación, afluencia, transitividade urbana, etc.), variables afectivo-emocionais (momentos óptimos ao aire libre, etc.), variables de seguridade (actuación ante emerxencias, evacuación dinámica, etc.) e variables de calidade de vida (índice de calidade de vida, etc.).

Para levar a cabo este proxecto piloto, identificáronse 172 edificios, repartidos na totalidade das 18 parroquias do ámbito territorial de Vigo de acordo co principio de equidade xeográfica (54,65% edificios en parroquias e 45,35% edificios na zona centro). A continuación, procedeuse á identificación como “nodos positivos” dos edificios na súa área de influencia, dotándoos para iso das funcionalidades (casos de uso) necesarias capaces de producir unha “repartición equitativa do benestar” con independencia do lugar de residencia, traballo ou lecer dos cidadáns e cidadás.

Mapa edificios inteligentes

A execución deste proxecto piloto xirará en base a tres bloques de actuación:

  1. despregamento dos diferentes tipos de sensores e nodos IoT nos edificios seleccionados para o piloto,
  2. monitoraxe, reporte e verificación de datos procedentes dos nodos IoT para o desenvolvemento dos casos de uso, e
  3. divulgación do proxecto entre sociedade civil, empresas e outras administracións públicas.

O proxecto VEI ten un orzamento de 4.999.999,98 euros dos cales un 80% son achegados por Red.es e o 80% restante polo Concello de Vigo, grazas ao cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 ( POPE).

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100