Información

Matamá

A parroquia de San Pedro de Matamá esténdese ó longo de 4,67 quilómetros cadrados en donda pendente ata a beira do Lagares. A parroquia conta cun importante patrimonio arqueolóxico que amosa a existencia de asentamentos na zona xa na Idade do Bronce. Así, tópanse varias estacións de arte rupestre como as existentes no Monte Fabal, no barrio de Mo, en Gáspara, nas Tomadas ou nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous dos vintecatro poboados castrexos localizados en Vigo.

Sen embargo, non se pode falar dunha entidade parroquial ata o século XIV, pertencendo os primeiros libros parroquiais conservados ó ano 1632. A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico, construída a fins do século XVIII e dispón dun retablo que anteriormente pertencera á colexiata de Santa María.

Doutra banda, son abondosas as fontes e os lavadoiros catalogados na zona, a parte dos muíños de auga dos barrios de Balsa e das Carneiras. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, realizado no 1691.

O número de habitantes rexistrado no último censo é de 4.275. O desenvolvemento demográfico da parroquía é inseparable do crecemento económico da década dos 60 do último século, en especial da instalación da Factoría Citroën na zona. As actividades socio-culturais organízanse en torno á asociación de veciños A Unión e á sociedade cultural e deportiva Atlántida.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100