Bombeiros
Durante a época de perigo baixo de incendios, publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, , o Concello de Vigo autorizará con carácter xeral ditas queimas sempre e cando se cumpran as seguintes obrigas:
1. Cumprimentar o Impreso de Solicitude Xeral do Concello de Vigo de xeito presencial ou telematico.
2. Prohibicións xerais do Bando Municipal de Autorización de queimas.
3. Cumprimento das instrucións básicas de prevención de queimas que serán entregadas durante a revisión da zona polo SPEIS de Vigo.
4. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, de acordo co sinalado nos artigos 34 e 35 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para realizar traballos en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal nos que sexa imprescindible facer uso do lume, e sempre fóra da época de perigo alto de incendios, será obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima da Xunta de Galicia.
Prestación do servizo de elaboración dos informes / partes con actuación do servizo de extinción de incendios (bombeiros).
Poderase esixir esta taxa pola prestación dos seguintes servizos:
a. Extinción de incendios de toda clase, realizada polo servizo Municipal con persoal e material do mesmo.
b. Prevención de incendios, ruínas e outros riscos graves e inminentes para persoas e bens.
c. Auxilios, salvamentos e recuperacións de persoas e bens con ocasión dos servizos sinalados nos apartados anteriores ou doutras situacións de perigo como afundimentos, asolagamentos, explosións, derrubos e cando o soliciten os interesados.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100