Policía Local

Orde de protección

Quen a pode solicitar?

  • A vítima ou persoas que teñan con ela relación de parentesco ou afectividade.
  • Entidades ou organismos asistenciais públicos que tivesen coñecemento dalgún dos feitos mencionados que fundamenten a Orde.

Onde?En calquera Comisaría de Policía, posto da Garda Civil ou Dependencias das Policías Autonómicas, ou Locais; no Xulgado, en Fiscalía, nas Oficinas de Atención á Vítima, en Servizos Sociais ou Institucións asistenciais dependentes das Administracións Públicas ou nos Servizos de Orientación Xurídica dos Colexios de Avogados (a norma común é que se faga en dependencias policiais ou no propio xulgado de garda).
Que debe conter?Descrición dos feitos constitutivos da infracción penal no que se fundamente a petición.

Modelo de solicitude de Orde de Protección

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100