Cultura e arte
Horario:
Servizos:
O Museo Liste de Vigo nace co principal obxectivo do coñecemento e difusión do patrimonio etnográfico galego.
O Museo, instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século XX, distribúese en catro andares e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia.
Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das que o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.
O museo posibilita, ademais das visitas "dialogadas", diversas actividades didácticas, exposicións temporais, audicións musicais, así como o acceso á biblioteca de consulta etnográfica.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100