Igualdade

Dereitos Laborais Básicos

Coñece os Dereitos Laborais Básicos das Mulleres Traballadoras, que tamén podes obter da Guía de peto sobre a discriminación sexual laboral, editada pola Concellaría de Igualdade.

Tes dereito á Igualdade de trato en materia de acceso ao emprego, formación e promoción profesional e condicións de traballo.

  • Na relación de traballo, as traballadoras teñen dereito... a non ser discriminadas por razón de sexo...
  • A regulación das categorías profesionais e os criterios de ascenso na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e outro sexo.
  • A lei entenderá nulos e sen efectos os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os pactos individuais e as decisións unilaterais da empresa que conteñan discriminacións favorables ou adversas no emprego, así como en materia de retribucións, xornada e demais condicións de traballo por razón de sexo.

Tes dereito á Igualdade retributiva.

  • A empresa ten a obriga de pagar pola prestación dun traballo de igual valor o mesmo salario, tanto por salario base como por complementos salariais, sen discriminacióna algunha por razón de sexo.

Volver ao Inicio

Tes dereito á Protección en situación de embarazo ou maternidade.

  • Á non ser discriminada, en ningunha condición de traballo, por embarazo ou maternidade.
  • Á non ser despedida durante o embarazo, á suspensión de maternidade, ao permiso de lactancia, á redución de xornada por garda legal.
  • Aos permisos retribuídos para asistir a chequeos prenatais e cursos de preparación ao parto.
  • A unha adaptación das condicións e o lugar de traballo para a protección da túa saúde e da do feto e tamén durante a lactancia.
  • A un cambio de posto de traballo cando exista unha posible repercusión sobre o embarazo ou lactancia.
  • A unha suspensión con reserva do posto de traballo no suposto de risco durante o embarazo.
  • A un período de suspensión retribuída con reserva do posto de traballo por maternidade biolóxica, adoptiva ou por acollida.
  • A un permiso de lactancia e a un permiso retribuído por nacemento dunha filla ou fillo prematuro que deba permanecer hospitalizado tralo parto.
  • A unha excedencia maternal con reserva do posto.
  • A unha redución de xornada por garda legal de fillos e ou fillas menores de 8 anos ou persoa con discapacidade.
  • A gozar as vacacións fóra do ano natural cando o período de vacacións fixado coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada de embarazo, parto ou lactancia ou coa suspensión do contrato de traballo por maternidad.

Volver ao Inicio

Tes dereito á Dignidade no traballo

  • En caso de atentar contra a dignidade mediante comportamentos discriminatorios como o acoso sexual, abuso sexual e agresións sexuais no traballo estes serían constitutivos de delitos que se atopan especificados no Código Penal.
  • As empresas deberán promover condicións de traballo que eviten o acoso sexual e o acoso por razón de sexo e arbitrar procedementos específicos para a súa prevención e para dar vía ás denuncias ou reclamacións que poidan formular quen foi obxecto do mesmo.

Se es vítima de Violencia de Xénero tes dereito á...

  • A redución de xornada, horario flexible ou adaptación ao horario, nos termos do Convenio, ou de acordo coa empresa.
  • O traslado de localidade ou vacante que teña a empresa noutro posto equivalente, noutro centro de traballo.
  • Que se consideren "xustificadas" as ausencias ou faltas de puntualidade, motivadas pola túa situación física ou psicolóxica.
  • A suspensión do contrato por 6 meses (renovable), con dereito ao desemprego e á cotización do período.
  • Non ser despedida polo uso destas medidas.
  • A extinción do contrato, coa protección do desemprego.

Volver ao Inicio

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100