Servizos cidade
Dende o Concello impulsáronse diversos programas verbo da preservación co contorno nos últimos anos. No 2000 constituíuse o Consello Sectorial de Medio Ambiente, órgano no que están representados os principais axentes relacionados coa protección da natureza, con voz e con voto para o debate.
O Concello foi un dos pioneiros elaborando un mapa de ruídos da cidade. A xestión dos recursos naturais abrangue áreas tan distintas como a catalogación de especies, a divulgación da riqueza natural, a educación ambiental, o establecemento de itinerarios e a conservación dos espacios de interese.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100