Servizos Sociais
Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) Nº. R.C.S.: C-36000927
Unidade de Día (UD) Nº. R.C.S.: C-36000723
A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo iniciou oficialmente o seu funcionamento en marzo de 1985, cun equipo de profesionais que xa comezara un labor asistencial desde dependencias do propio Concello. O traslado posterior a unhas instalacións específicas na rúa Uruguai supuxo o arranque formal da actividade do denominado Centro Preventivo e Asistencial de Drogodependencias (CEDRO). En 1990, o dispositivo cambia á súa localización actual en rúa Pintor Colmeiro nº 9 onde dispón de espazos e dotación máis adecuada para o desenvolvemento da súa actividade asistencial.
CEDRO é un dispositivo asistencial de carácter público que forma parte da Rede Asistencial de Trastornos Adictivos de Galicia e que desenvolve unha activa e amplo labor neste ámbito:
CEDRO desenvolve programas de asistencia sanitaria especializada a persoas con trastornos adictivos, cun modelo biopsicosocial, respectando os principios de universalidade, anonimato, voluntariedade, equidade e gratuidade, en coordinación co resto dos dispositivos de atención ás adiccións e de saúde mental da área sanitaria.
Consulte máis información do CEDRO nos seguientes apartados:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100