Limpeza e xestión de residuos
Onde depositalos
Deposítanse nos colectores de cor amarela de 2.400 litros.Que podo depositar
Recóllense todos os envases lixeiros domésticos tipo brick.
Como colaborar coa recollida selectiva
Onde levan
Van á Planta de transferencia de Guixar, de aí á planta de clasificación de envases de SOGAMA, para finalmente ser reciclados nos centros de reciclaxe autorizados por Ecoembes e Ecovidrio.
Como se clasifican e reciclan
Unha vez seleccionados na planta, ben de forma manual ou mediante un sistema de correntes de Foucault, prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indique Ecoembes.
O destino final destes residuos adoitan ser as papeleiras que, mediante procesos de "hidrapulpado" conseguen separar as fibras de papel do resto, e obter pasta de papel para volver fabricar bolsas de cartón, sacos de papel, cartonciños para caixas e estoxos, ... O polietileno e o aluminio adóitase utilizar como fonte de enerxía para as máquinas de repulpado.
Beneficios da Reciclaxe
¿Sabias que nos últimos 20 anos, o peso dos bricks reduciuse un 20%?
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100