Logos

Autoevaluación (Orde HFP/1030/2021)

Proceso de autoavaliación

A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), é de aplicación ás entidades que integran o sector público de conformidade co disposto no artigo 2.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como a cantos outros axentes interveñan na execución do PRTR como receptores de fondos, establecendo os procedementos e instrumentos necesarios para garantir a súa coordinación e seguimento.

Á vista do contido desta Orde, o Concello de Vigo como entidade beneficiaria e executora de proxectos financiados con fondos económicos do PRTR, deberá cumprir cos requisitos, deberes e condicionantes nela indicados. Sobre a conformación das devanditas obrigacións, e co fin de lograr unha homoxeneidade no deseño destas medidas e sen prexuízo da aplicación de medidas adicionais tendo en conta as características específicas e os riscos de cada entidade, a Orde HPF/1030/2021 inclúe, en particular:

Anexo II modelos de test de autoavaliación e risco, que contempla os seguintes bloques:

A.- Obxectivos e procedemento.

B.- Test de risco:

  1. Elementos esenciais.
  2. Control de xestión.
  3. Fitos e obxectivos.
  4. Danos ambientais.
  5. Conflito de intereses, prevención da fraude e da corrupción.
  6. Compatibilidade do réxime de axudas estatais e evitar dobre financiamento.

C.- Estimación do risco: Táboa de valoración.

Para a execución deste proceso de autoavaliación no marco da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, foi convocada reunión do Comité de auto avaliación para os procesos regulados pola Orde HFP/1030/2021, en sesión ordinaria con data 25 de febreiro de 2022, e de continuidade da mesma con data de 4 de marzo de 2022, e 8 de marzo de 2022, nas cales se desenvolveu o proceso de autoavaliación con respecto aos seguintes apartados do Anexo II da citada Orde:

B.- Test de risco:

  1. Elementos esenciais.
  2. Control de xestión.
  3. Fitos e obxectivos.Danos ambientais.
  4. Conflito de intereses, prevención da fraude e da corrupción.
  5. Compatibilidade do réxime de axudas estatais e evitar dobre financiamento.

C.- Estimación do risco: Táboa de valoración.

En relación ao resultado da autoavaliación e de acordo coa acta de avaliación da sesión de data 8 de marzo de 2022, asinada polos membros asistentes do comité de autoavaliación, acórdase "a aprobación do proceso de autoavaliación de acordo cos datos que se anexan a esta acta que será susceptible de revisión de acordo a implementación das medidas identificadas no mesmo".

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100