Cultura e arte
Horarios:
Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de maña.
Servizos:
Tarifas:
As entradas teñen validez por un día. A entrada Xeral ten acceso a todas as instalacións.
*Tarifas reducidas: Menores de 18 anos, parados/as, estudantes, xubilados/as, peregrinos/as, familias numerosas (sempre que o acrediten), asociacións de tipo socioasistencial e grupos de máis de 10 persoas.
O Museo do Mar de Galicia, situado na Punta do Muíño, en Alcabre, naceu coa vontade de ser unha sede dedicada ao mar. É un ambicioso proxecto cultural e científico inaugurado en xuño do 2002 e deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela.
O Museo do Mar de Galicia é un lugar onde comprender a longa vinculación histórica dos galegos e das galegas co mundo do mar.
É un conxunto de tres edificios que se complementan cuns exteriores onde, ademais de gozar dunhas fermosas vistas da ría de Vigo, pódese visitar o Castro Punta Muíño do Vento, que é un poboado castrexo parcialmente musealizado habitado desde o S. VIII a. C. ao S. I d. C.
Nos dous primeiros edificios o/a visitante poderá atoparse con diferentes salas, que abordan a temática mariña dende distintos ámbitos, centrándose sobre todo nos ámbitos científico, histórico e cultural, o terceiro é un pequeno acuario consistente nun tanque de 140.000 litros, que pode percorrerse en todo o seu perímetro. Nel se pode coñecer, a pequena escala, a franxa submarina que vai dende o Museo até a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: o da costa, transformado polas instalacións portuarias, o da ría, coa presenza das bateas, e o dos fondos inalterados das illas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100