A oferta pública de educación de persoas adultas asegura e
garante que poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus
coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.
A través dos ensinos de adultos conséguese:
- Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
- Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio doutras profesións.
- Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
- Conseguir unha maior satisfacción e seguridade no medio persoal e profesional.
- Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica.
Hai diversas opcións: