Cultura

Sede Afundación

Enderezo: rúa Policarpo Sanz, 26. 36202 Vigo

Teléfono: 986 120 078

Web: www.afundacion.org

Horarios:

Naturnova. Centro de Educación Ambiental:

Museo interactivo de medio ambiente aberto ao público. Rúa Velázquez Moreno, 18 (www.naturnova.obrasocialncg.com).

  • Sábados de 17:30 a 20:30 horas. Festivos pechado. (Periodos vacaionais, consultar web)
  • De martes a venres, visitas concertadas con centros educativos e grupos.

Espazo Colección AFundación :

Exposición permanente de arte galega. Rúa Policarpo Sanz, 26 - 1º andar

  • Consultar horario (986 1209032).

Sala de Exposicións I:

Exposicións temporais. Rúa Policarpo Sanz, 24

Luns a sábado de 17:30 a 20:30 horas. Festivos pechado.

Sala de Exposicións II:

Exposicións temporais. Rúa Velázquez Moreno, 18.

Luns a sábado de 17:30 a 20:30 horas. Festivos pechado.

Centro Social

A Sede Afundaciónatópase no edificio histórico Casa Bárcena de finais do século XIX. Este edificio, inmerso no movemento arquitectónico do eclecticismo, foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez. Actualmente é un edificio multifuncional, concibido co fin de que os seus espazos poidan ser alquilados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do Centro.

Foi inaugurado polas SSMM en xuño de 2003.

 

A Sede Afundación é un edificio catalizador do desenvolvemento social e cultural, que aposta pola asistencia social, o apoio aos sectores produtivos, a difusión tecnolóxica, a extensión da sociedade do coñecemento, o desenvolvemento económico, a formación, o medio ambiente, a cultura e o fomento do emprego.

Tras a súa rehabilitación destaca a creación dun xardín interior que lles proporciona luminosidade a todos os andares. Na súa construción combinouse o granito con materiais modernos conseguindo un sorprendente deseño paisaxista con grandes cristaleiras e pezas escultóricas.

No mesmo edificio atópanse:

  • O museo Naturnova, de temática ambiental, consta de 40 módulos interactivos organizados en tres salas: “O Universo”, “O noso planeta” e “O Home e o seu medio”; e un simulador dun submarino. Este Centro Interactivo de Educación Ambiental responde á preocupación polo coñecemento do noso medio e a súa preservación.
  • As salas de exposicións da Colección de arte Afundación acollen, segundo os expertos, unha da mellor colección de arte galega do mundo. Os fondos da colección ascenden a 4000 obras, das cales se expón unha selección organizada,de forma didáctica, nun percorrido desde a arte galega do século XIX até os nosos días.
  • As dúas Salas de Exposicións dedícanse a mostras temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. Tamén dan cabida a exposicións de divulgación científica ou etnográfica e percorridos artísticos, novidosos ou consagrados, nunha firme aposta pola calidade creativa.
  • O Auditorio ten unha capacidade para 350 persoas. Nel organízanse proxeccións, conferencias, congresos, etc.
  • A Sala de conferencias, cun aforo de 120 persoas, utilízase para conferencias, cursos, etc.
  • As Salas de reunións, equipadas con equipos audiovisuais, e con capacidade de entre 10 e 22 persoas. Dispoñibles para eventos de diferente natureza.
  • O Salón de recepcións, serve de marco para recepcións e diferentes eventos.
  • O Xardín cuberto, xunto co Salón de recepcións, supoñen a combinación idónea para todo tipo de eventos, como zona de caterings, stands ou presentacións.
  • A Área de novas tecnoloxías, utilizadas para a formación e o fomento das novas ferramentas tecnolóxicas.
  • O Centro de Iniciativas Sociais, dedicado á Sede operativa da Fundación.
  • As Aulas de formación e obradoiros dan cabida a numerosos cursos para profesionais, e non profesionais, obradoiros para nenos, etc.
  • A Cociña dedicada a cursos para profesionais, de ocio e para nenos.

Outros Servizos:

Acceso para personas con movilidade reducida.

Aseos

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100