Programa de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas, convocatoria 2022.
Orde ICT/951/2021, de 10 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras das liñas de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e procédese á súa convocatoria no ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Ditas bases foron modificadas mediante a Orde ICT/567/2022, de 15 de xuño, publicada no BOE nº 148, de 22 de xuño de 2022 que modificou a Orde ICT/951/2021, de 10 de setembro.
Orde ICT/133/2023, de 15 de febreiro, pola que se modifica a Orde ICT/951/2021, de 10 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras das liñas de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e procédese á súa convocatoria no ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Publicada no BOE nº 41 de 17 de febreiro de 2023.
Núm.:1352-441. Aprobación da participación do Concello de Vigo á convocatoria correspondente o exercicio 2022 do programa de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Total proxectos: 2.443.924,27 €
Total axuda solicitada: 1.955.139,42 €
Con data 9 de xaneiro de 2023, a Secretaría de Estado de Comercio, a través da Dirección Xeral de Política Comercial, publica unha Proposta de Resolución Definitiva de Concesión na que inclúe as solicitudes finalmente estimadas e polos importes alí fixados.
Na listaxe definitiva de proxectos estimados favorablemente, figura o Concello de Vigo - Nº Expediente: ACT-010000-2022-127, actuación: Impulso do novo eixo comercial contorna ao CC Vialia e a nova estación AVE Vigo/Urzáiz e a súa conexión coa Cidade da Xustiza de Vigo- fase: Implantación medios mecánicos de mobilidade peonil rúa Escultor Gregorio Fernández.
Subvención total concedida: 1.911.580,80 €
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100