Servizos Sociais
Servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias (especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade) e a toda a comunidade.
O PIF atende as problemáticas aparelladas a situacións de risco e de conflito social articulando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores para os nenos e as nenas e a súas familias, levando a cabo ademais unha intervención preventiva que impida o posible agravamento do problema detectado.
Obxectivos
Persoas destinatarias
O programa diríxese con carácter xeral ás familias e unidades de convivencia voluntaria con funcións análogas á familiar, con atención prioritaria a aquelas en situación de maior vulnerabilidade ou dificultade, ben pola presenza de menores en situación de risco ben pola existencia de déficits nas habilidades para o coidado ou na cobertura das necesidades básicas dos seus membros.
Acceso ao programa
Se ben as propias familias ou unidades de convivencia poden cursar unha solicitude a través do Rexistro Xeral do Concello, a maioría prodúcense a proposta das traballadoras sociais do Concello ou doutros servizos e recursos como o Servizo de Menores da Xunta de Galicia, a Fiscalía, os centros escolares, os centros de saúde, xulgados, etc.
En todo caso, o acceso ao programa require da aceptación da familia, da valoración e proposta da UTS de referencia e a aprobación da coordinadora municipal responsable do programa.
Pode realizar a solicitude a través da sede electrónica ou descargar o impreso de solicitude en Programa socioeducativo e de apoio familiar
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100