Cultura

Concatedral ou Igrexa de Santa María

  • Arquitecto: Melchor de Prado e Mariño
  • Ano: 1811
  • Localización: Rúa Palma, 6 - Praza da igrexa

Exemplo máis notable da arquitectura neoclásica galega.

Orixinariamente había outra igrexa que contaba cun cemiterio, pero debido ao mal estado desta e a que medidas lexislativas recomendaban a construción de cemiterios fóra do núcleo urbano decídese construír unha nova.

Hoxe en día acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, de intensa devoción na cidade.

A planta é basilical de tres naves. A nave central é máis alta ca as laterais, estas últimas máis estreitas e con menos luz. A separación entre as naves faise a través de doce columnas dóricas co seu correspondente entaboamento con triglifos e metopas.

A fachada principal ten unha ornamentación sinxela, cunha composición clara e simétrica. O corpo central remata nunha ampla cornixa adornada con mútulas e perfis rectos, coroado o conxunto por un frontón triangular. Os corpos laterais están coronados por dúas torres xemelgas, máis barrocas ca o resto da edificación.

Cabe destacar o reloxo de sol, situado na fachada do lado dereito e colocado en 1837, obra do escultor Juan Agustín Domínguez. Este tipo de reloxos reciben o nome de declinantes.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100