Bombeiros

Noticias de bombeiros e seguridade

Lista de noticias

Noticias

2025-01-03. O Concello aproba o nomeamento de oito novos axentes da Policía Local en prácticas

Foto noticia
O alcalde avanzou o nomeamento de oito novos policías locais en prácticas, que se corresponden coa oferta de emprego de 2023. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-20. O Concello reforzará o transporte público durante o Nadal con servizos especiais nocturnos

Foto noticia
Seguindo o éxito da experiencia de reforzar o transporte público durante as festas do verán, o Concello adoptou de novo a decisión de ampliar os horarios do autobús urbano cun servizo especial nocturno. Caballero avanzou que durante as noites do 24 e 31 de decembro, a concesionaria activará un dispositivo singular que dará comezo ás 02,00 horas e estará en funcionamento ata ás 07,00 horas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-17. Vigo urxe á Xunta "toda a información dispoñible" sobre o túnel de Beiramar

Foto noticia
Abel Caballero trasladou o seu descontento coa carta enviada ao Concello pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas carente de información: "non se trata un investimento desta envergadura en tres liñas\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-16. A Cabalgata de Reis percorrerá Camelias con saída desde a Avenida de Castelao e chegada á Praza do Bicentenario

Foto noticia
O alcalde deu a coñecer este luns o percorrido da cabalgata tradicional que repite o itinerario da pasada edición. A cabalgata estática poderá visitarse durante a mañá na Avenida de Castelao. As carrozas evocarán os "Contos de Nadal". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-12. A Policía Local aumenta a súa formación en asistencia sanitaria de urxencia

Foto noticia
O alcalde asistiu este xoves a unha das sesións de formación continua da Policía Local de Vigo en intervención policial sanitaria de emerxencia, que se completa coa recibida en novembro sobre técnicas de apertura de portas en situación de urxencia. "Temos unha Policía Local con moita formación e seguiremos nesa liña\", afirmou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-22. O Concello avanza na construción dun novo acceso ao colexio Párroco don Camilo

Foto noticia
O goberno local solucionará os problemas de seguridade nos accesos ao Párroco don Camilo coa construción dun novo viario conectado coa estrada de Baiona (PO-552) que conta un orzamento aproximado de 1,3 millóns. Con ese obxectivo, a Xerencia de Urbanismo aprobará provisionalmente un Plan Especial de Infraestruturas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-19. O alcalde agradece a cooperación voluntaria aos dez policías locais que axudarán á veciñanza de Paiporta

Foto noticia
O alcalde e a concelleira de Seguridade saudaron aos dez efectivos da Policía Local de Vigo que se desprezan a Paiporta para axudar ás persoas afectadas pola DINA xa que os efectivos de seguridade da localidade levantina quedaron moi afectados. Caballero agradeceulles que cooperen voluntariamente nunha causa "tan importante e xusta". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-14. Accesos e corredores peonís para o acto do acendido

Foto noticia
As persoas que queiran vivir o acendido na Porta do Sol este sábado 16 ás 20 horas deberán acceder á praza, que terá un aforo de 7.000 persoas, desde Doutor Cadaval, Carral, Policarpo Sanz ou Príncipe. Instalarase unha pantalla no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz para seguir o acto. O acceso para persoas de mobilidade reducida á zona reservada deberá facerse por Doutor Cadaval (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-13. Vigo lidera o proxecto europeo de implantación do vehículo conectado

Foto noticia
O prototipo do vehículo colaborativo conectado fixo esta tarde unha proba real sobre as posibilidades que ofrece a nova tecnoloxía para a condución. Así o comprobou Abel Caballero quen se achegou a demostración realizada na zona da Gran Vía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-12. O Concello dispoñerá dúas pantallas para seguir en directo o acendido das luces de Nadal

Foto noticia
O alcalde deu conta este martes dos detalles do Plan de Autoprotección que garantirá a seguridade do acto de acendido da iluminación de Nadal da cidade, que se celebra este sábado ás 8 da tarde. Haberá unha pantalla con emisión en directo do acto no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100