Infancia

Atención Domiciliaria da Infancia

  • Enderezo: Rúa Romil, 20. 36202 Vigo.
  • Telefóno: 986 293 963.
  • Fax: 986 201 153.
  • Horario de Oficina: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
  • Horario da Atención Domiciliaria: máximo de 4 horas, de luns a venres entre as 7:00 e as 23:00 horas.

Servizo dependente da Concellaría de Igualdade, consistente no coidado persoal das fillas e fillos menores de dez anos, desde a hora solicitada ata o seu regreso.

A solicitude do servizo de atención ou acompañamento farase cunha antelación mínima de 24 horas, podendo realizarse de xeito individual ou para colectivos.

O acceso será a través da traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Obxectivos do Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

  • O obxectivo principal é contribuír á armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.
  • Favorecer a incorporación da muller ao traballo.
  • Fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres.
  • Potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movementos veciñais, asociacións veciñais, etc.
  • Acadar tempo propio e persoal, específico para cada muller.

Volver ao Inicio

Documentación necesaria

  • DNI.
  • Libro de Familia.
  • Volante de empadroamento.
  • Xustificante de ingresos da unidade familiar.
  • Comprobante do motivo polo que se solicita o servizo.
  • Outros que poderá solicitar a traballadora social.

Volver ao Inicio

Casos e situacións nos que se pode solicitar o Acompañamento

  • Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar…).
  • Entrevistas para probas de trabajo.
  • Comparecencia ante calquera administración.
  • Urxencias: ingresos hospitalarios, accidentes, atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
  • Participación nas asociacións de mulleres ou socio-culturais: ampas, sindicatos, asociacións veciñais. Neste caso o servizo será colectivo e o acompañamento realizarase no centro onde as nais realicen a actividade.
  • Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar...).

Volver ao Inicio

Servizo Individual de Atención Domiciliaria

  • A duración máxima da atención é de 4 horas, de luns a venres entre as 7:00 e as 23:00 horas.
  • En ningún caso deixarase ás e aos menores sós.
  • O acompañamento realizarase na casa da beneficiaria.
  • O acceso será a través da traballadora social do Centro de Información dos Dereitos da Muller.
  • Realízase previamente unha valoración económica da unidade familiar, con referencia ao Salario Mínimo Interprofesional, xa que logo varía en función deste.

Volver ao Inicio

Servizo Colectivo de Acompañamento

  • O servizo prestarase no centro onde as nais realicen a actividade.
  • Deberá dispor dun espazo habilitado e material para o entretemento que pode solicitarse ás ludotecas municipais.
  • Deberá reunir a condicións de hixiene e seguridade necesarias para atender aos menores.

Volver ao Inicio

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100