Atención Cidadá
A través do servizo telefónico 010 poderanse realizar determinadas xestións e trámites administrativos de distintas materias:
Atención telefónica no número de teléfono de marcación reducida 010 ou no número 986 810260, así como de todas aquelas chamadas que desborden do número de teléfono xeral do Concello de Vigo (986810100), a través dos que se facilitará á cidadanía información xeral da cidade e o Concello, así como doutras institucións e trámites asociados a elas.
Informar á cidadanía no uso dos distintos trámites municipais e procedementos electrónicos.
Informar do seu estado e/ou situación de trámites municipais.
Información e asistencia para expedición de volantes e certificados do padrón municipal de habitantes mediante actuación automatizada.
Toma de datos e remisión aos servizos municipais correspondentes durante as campañas que desenvolva o concello de Vigo.
Inscricións en actividades e programas municipais.
Xestión de cita previa: altas, anulación e consulta de cita previa para as oficinas municipais que prestan servizo con cita.
Xestión de avisos de incidencias, suxestións, reclamacións e felicitacións para mellorar a cidade.
Utilización e divulgación, potenciación, coñecemento e uso das páxinas web do Concello www.vigo.org
Entrega e información dos impresos de uso máis común no Concello.
Atención e xestión das comunicacións e solicitudes recibidas polas canles telemáticas dispoñibles en cada momento.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100