Calquera distinción, exclusión ou preferencia, baseados en motivos
como... o sexo... que teña por efecto anular a igualdade de
oportunidades e trato no emprego e a ocupación constitúe discriminación sexual laboral.
A discriminación xurde porque a miúdo...
- As mulleres sitúanse maioritariamente nos postos menos valorados e considerados socialmente de baixa cualificación.
- Na promoción e o ascenso utilízanse criterios non obxectivos que benefician sobre todo aos homes.
- As mulleres ocupan na maior parte das veces as categorías profesionais
onde o salario é inferior, existindo segregación ocupacional dentro da
empresa.
A discriminación salarial ocorre cando...
- Para idénticas categorías os salarios medios son inferiores para as mulleres.
- Establécense complementos salariais na negociación colectiva a favor de
postos de traballo ocupados tradicionalmente e maioritariamente por
homes.
- Na valoración dos postos de traballo ignóranse elementos que se atopan nas tarefas desempeñadas maioritariamente por mulleres.
- Dáse entre as mulleres unha maior taxa de temporalidade e traballo a tempo parcial e unha gran proporción no traballo en negro.
A discriminación por maternidade supón moitas veces...
- A imposibilidade de acceder a un posto de traballo.
- Que non se prorrogue o contrato temporal.
- O incumprimento en relación cos permisos e adaptación das condicións de traballo.
- O despido tanto en período de proba como unha vez superado este.