Comercio

Venda ambulante

Festa da reconquista - Participación e instalación de postos de venda

O obxecto desta convocatoria é a participación e instalación dos postos de venda ambulante no mercado ocasional e esporádico que se celebra con motivo da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

Bases e anexos no apartado de Convocatorias e subvencións

Considérase venda ambulante:

  1. A realizada en feiras e mercados organizados en lugares establecidos cunha periocidade determinada.
  2. A realizada en mercados ocasionais organizados con motivo da celebración de festas ou acontecementos populares.
  3. O comercio na rúa, entendido este como o realizado na vía ou no espazo público nun posto, situación e período determinado.

Non terán a consideración de ambulante as vendas realizadas dentro de locais ou recintos ocupados por un certame ferial.

Tipos de venda ambulante e acceso a solicitudes:

  1. Mercadillos periódicos: Mercadillo de Bouzas e mercadillo de Coia. Acceso á solicitude e á documentación requirida
  2. Mercadillos temáticos: Acceso á solicitude e á documentación requirida
  3. Outros eventos:

Postos autorizados polo Departamento de Comercio durante a celebración das festividades

San Roque 2021.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100