Web Municipal

Accesibilidade web

Declaración de accesibilidade

O Concello de Vigo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade con Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que trasponse a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de outubro de 2016.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web hoxe.vigo.org, excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, debido a falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contenido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018
    • Nalgunhas páxinas a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto. [requisito número 9.1.3.1 de ÚNEA-EN 301549:2019 de información e relacións]
    • Nalgunhas páxinas utilizouse a cor como único medio visual para transmitir información, indicar unha acción, provocar unha resposta ou distinguir un elemento visual. [requisito número 9.1.4.1 da norma UNE-EN 301549:2019 uso da cor]
    • Nalgunhas páxinas a relación de contraste en texto ou imaxes podería non ser do polo menos 4.5:1. [requisito número 9.1.4.3 da norma UNE-EN 301549:2019 contraste mínimo]
    • Nalgunhas páxinas o contido pode perder funcionalidade ou información ao ampliar o contido. [requisito número 9.1.4.10 da norma UNE-EN 301549:2019 reaxuste do texto]
    • Nalgunhas páxinas o contraste dos compoñentes de interfaz de usuario e de obxectos gráficos podería non chegar ao 3:1 coas cores adxacentes. [requisito número 9.1.4.11 da norma UNE-EN 301549:2019 contraste non textual]. De maneira puntual algunha ligazón podería non ter definido o propósito específico de maneira textual. [requisito número 9.2.4.4 da norma UNE-EN 301549:2019 propósito das ligazóns]
  2. Carga desproporcionada
    • Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poden existir arquivos de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.
    • Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos por este concello nin están baixo o noso control, por exemplo, arquivos ofimáticos.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 8 de xaneiro de 2020 e modificada o 22 de Decembro de 2020.

O método empregado para preparar a declaración foi unha avaliación levada a cabo pola empresa Everycode S.L o 22/12/2020.

Última revisión da declaración: 22 de Decembro de 2020

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web a través do seguinte formulario de contacto

Pode presentar:

  • Unha Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
  • Una Solicitude de Información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor una carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

A través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorra o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.

Contenido opcional

O sitio web está optimizado para as últimas versións vixentes de FireFox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024.

O sitio web está deseñado para unha visualización adaptable, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para o sua visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Teclas de acceso rápido

As teclas de acceso son un dispositivo de navegación que lle permite navegar por este sitio web utilizando o teclado dunha maneira rápida. Mediante elas enlázase coas principais seccións e utilidades do portal.

  • Tecla e Escoitar a contidos
  • Tecla 0 Ir á páxina de Accesibilidade
  • Tecla 1 Ir á páxina Inicio
  • Tecla 2 Ir á páxina de Contacto
  • Tecla 3 ir ao Mapa Web

Conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI

 

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100