Cultura
Con capacidade para 994 persoas repartidas nun patio de butacas e tres anfiteatros que ocupan a parte central do edificio.
Situada nun lateral do edificio, acolle diferentes mostras artísticas ao longo de todo o ano.
Situada no último andar, ten unha capacidade de 300 persoas.
Conta con 461 prazas. Atópase na parte traseira do edificio con entrada independente do teatro.
Utilízase como espacio de descanso nas representacións e concertos ou para recepcións e caterings.
Cun aforo de 145 persoas, está dotada de medios audiovisuais.
Con máis de 192 m2, é utilizado para eventos de diferente natureza
O Edificio:
Situado en pleno corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación inaugúrase en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro García Barbón, que o arquitecto Antonio Palacios proxectara a principios do século XX. O seu estilo cualifícase de eclecticismo academicista, coas características curvas e contracurvas do arquitecto galego, que se inspirou na Ópera Garnier de París. O edificio é un dos máis emblemáticos da arquitectura histórica viguesa, destacando no exterior o excelente tratamento de cantería, executado en granito branco de Castrelos. Na disposición interior, Palacios puxo a énfase no acceso ao teatro cun amplo vestíbulo oval e unha escaleira de honra, iluminada cenitalmente a través dunha vidreira realizada pola casa Maumejean.
Ofrecemos o aluguer dos seus espazos a entidades públicas e privadas, así como a organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa nosa filosofía. Os devanditos espazos dispoñibles para aluguer son: o teatro e a sala de concertos, o auditorio, a sala de conferencias, as salas de seminarios, as salas de exposicións, o salón de recepcións e a biblioteca.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100