Xerencia Municipal de Urbanismo

Inspección Técnica de Edificacións (ITE) - Informe de Avaliación dos Edificios

Servizo de Inspección Técnica de Edificacións - Conservación

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do Rei, s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 330
  • Web: www.vigo.org/ite
  • Atención telefónica e solicitude de cita : martes e mércores de 9 a 13:30 horas.
  • Atención presencial: con cita previa

O Servizo de ITE - Conservación da Xerencia Municipal de Urbanismo ten como misión fundamental a verificación do cumprimento das obrigas e determinacións reguladas no Capítulo II do Título preliminar da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG núm. 83, do 2 de maio de 2019), no Decreto 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios (DOG núm. 73, do 20 de abril de 2021) e no Decreto 34/2022, do 10 de marzo, que modificou a disposición transitoria primeira do Decreto 61/2021.

Persoas obrigadas:

Teñen a obriga de presentar o Informe de Avaliación dos Edificios (IAE) as persoas propietarias únicas de edificios, as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de inmobles con máis de 50 anos e de uso residencial vivenda colectiva (edificacións con máis dunha vivenda, sen prexuízo de que poidan conter, de maneira simultánea, outros usos distintos do residencial). Con carácter asimilado enténdense incluídos nesta tipoloxía os hoteis e as residencias.

O incumprimento do deber de presentación do IAE en tempo e forma terá a consideración de infracción urbanística (artigo 7.4 da Lei 1/2019), co carácter e as consecuencias que atribúe a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contido do IAE - Formularios:

O informe presentarase no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo ou nas demais formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

A elaboración do IAE, logo da oportuna inspección do edificio, realizarase na aplicación habilitada polo IGVS no seguinte enlace web: https://iae.xunta.gal/, no que, así mesmo, poderá obterse máis información sobre o IAE.

No Rexistro electrónico de documentos e solicitudes da XMU a persoa interesada ou o/a técnico/a autorizado/a solicitará a tramitación do IAE e a súa inclusión no Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios (REGIAE) adscrito ó IGVS.

Relación de documentos a presentar:

  1. Impreso de presentación e solicitude de inscrición do IAE no REGIAE
  2. Informe de Avaliación do Edificio: arquivo dixital en formato pdf.
  3. Certificado de colexiación e habilitación do/a técnico/a debidamente actualizado
  4. "Etiqueta de cualificación enerxética" que acredita o rexistro do CEE no órgano competente da Comunidade Autónoma.

Momento da presentación do IAE:

De acordo co disposto na Disposición transitoria primeira do Decreto 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o IAE, modificada polo Decreto 34/2022 e na Instrucción 2/2022 relativa ó calendario para a presentación dos IAE (Consello da XMU do 31.05.2020 - BOP n.º 117, do 20.06.2022), as edificacións de uso residencial colectivo que non presentaron o IAE e que, á entrada en vigor do Decreto 61/2021 conten cunha antigüidade de máis de 50 anos dispoñen ata o 20 de maio de 2024 para a súa presentación.

Edificacións construídas en 1974 que dispoñen ata o 31 de dicembro de 2024 para a presentación do informe de avaliación:

No caso de detectarse algún erro nas listaxes anteriores (inmobles incluídos incorrectamente ou non incluídos) a propiedade deberá comunicalo ao Servizo de ITE para a súa emenda.

Se o inmoble aparecese na listaxe e o seu uso non fose o residencial de vivenda colectiva por ter unha única vivenda ou outro uso distinto do residencial, presentarase no Rexistro da XMU a seguinte declaración responsable:

IAE desfavorables:

Se o resultado da inspección fose desfavorable, a propiedade deberá solicitar e obter a preceptiva autorización municipal ou título habilitante para a execución das obras e, de ser o caso, as oportunas autorizaciones sectoriales para a subsanación das deficiencias detectadas. Se do informe resultase a necesidade de acometer medidas inmediatas de seguridade (apeos, apontoamento, valados, retiradas de elementos por risco de caída á vía pública, etc...) por perigo inminente, o/a técnico/a deberá comunicalo coa maior brevidade, sen prexuízo da necesidade de obter as correspondentes autorizacións.

A subsanación das deficiencias relativas á conservación do inmoble indicadas no IAE acreditarase co correspondente certificado de finalización de obras, emitido polo/a técnico/a competente e, de ser o caso, visado polo correspondente Colexio Oficial.

Validez do IAE:

Só serán válidos os IAE debidamente inscritos no REGIAE; rexistro de natureza administrativa adscrito ó IGVS. Con todo, en ningún caso esa inscrición presupón a conformidade da Administración sobre a idoneidade técnica do contido do informe.

Con carácter previo á inscrición no REGIAE verificarase o cumprimento dos requisitos formais establecidos no Decreto 61/2021 e a presentación da totalidade da documentación requirida.

Realizada a tramitación da inscrición, o titular da edificación e/ou o seu representante recibirán na súa conta de correo electrónico o certificado do IAE. Tamén poderán descargalo na seguinte ligazón: https://regiae.xunta.gal/regiaePub/

Libro do Edificio:

Incorporarase ó Libro do Edificio ou á documentación existente deste o IAE, a certificación acreditativa da súa inscrición no REGIAE así como toda a demais documentación; en especial a complementaria relativa á emenda das deficiencias detectadas no caso dun informe desfavorable. No caso de transmisión ou alugamento de vivendas incluídas nun edificio que teña que dispoñerdo IAE, a persoa transmitente ou arredadora deberá entregar á persoa adquirente ou arrendataria unha copia do dito informe, asinado por persoal técnico, en papel ou en formato dixital. 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100