Escudo Concello de Vigo

Voluntariado (OMV)

Voluntariado en Entidades de Acción Voluntaria (EAV)

Entidades de Acción Voluntaria (EAV) está composta por todas aquelas Asociacións dadas de alta na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) e no Rexistro Municipal de Entidades de Ámbito Municipal.

Agrupa Asociacións que representan na súa totalidade a distintos colectivos da cidade, desde persoas con discapacidade (física, psíquica e/ou sensorial), persoas inmigrantes, persoas en situación de exclusión social, muller, toxicomanías, saúde mental, persoas maiores,...

Unha vez adheridas a OMV presentan a súa demanda de voluntariado e a OMV filtra as persoas voluntarias para posteriormente facer a derivación ás Entidades de Acción Voluntaria (EAV).

É importante levar un seguimento tanto das necesidades das persoas voluntarias no desenvolvemento da súa actividade, como das Entidades que participan nesta iniciativa.

Para máis información consultar: Programa de Entidades da OMV.

Para a persoa voluntaria en EAV:

Ofrecerémosche toda aquela información necesaria para que poidas facer voluntariado en todas aquelas entidades que ofrecen un proxecto de voluntariado na cidade de Vigo.

A persoa voluntaria poderá desenvolver a súa acción voluntaria dentro dunha Asociación no ámbito Municipal Vigués, e que esta se atope adherida o programa de Entidades da OMV.

As actuacións da persoa voluntaria encamiñaranse a paliar as demandas de voluntariado feitas polas Asociacións e os distintos colectivos aos que se dirixen (inmigrantes, exclusión social, persoas discapacitadas, mulleres, saúde,...).

A OMV encargarase de facer a derivación do voluntario ás distintas Entidades, sen perder o contacto co mesmo mediante un seguimento continuo.