Esta sección recolle todas as ordenanzas e regulamentacións que están á súa disposición na web, para a súa consulta. A maior parte destes documentos presentanse en formato pdf, para que vostede poida descargalos comodamente no seu computador.
Na actualidade, están recollidos na web os seguintes documentos:
Administración local
Acción social
Administración Electrónica
Auga
Comercio
Consorcio Casco Vello
Cultura
Deportes
Educación
Electromecánicos
Medio Ambiente
Ademais das anteriores, o departamento de Medio Ambiente do Concello de Vigo conta coas seguintes ordenanzas de aplicación e debido cumprimento pola cidadanía:
- Ordenanza Municipal do Medio Ambiente do Concello de Vigo. Aprobadas polo Pleno da Corporación o 26/05/1994 e publicadas no BOP nº 200, do 18/10/1994. Inclúe as seguintes ordenanzas de aplicación:
- Modificación das disposicións comúns ás Ordenanzas Municipais de Protección do Medio Ambiente. Apróbase a modificación das Disposicións comúns as ordenanzas municipais de Protección do Medio Ambiente do Concello de Vigo en Pleno o 26/06/2008; BOP nº 190, do 1 de outubro de 2008.
- Ordenanza Municipal para a protección e tenencia de animais. A presente ordenza ten por obxecto regular as condicións de tenencia responsable de animais domésticos ou salvaxes en catividade, incluso os cualificados como potencialmente perigosos, de xeito que a súa utilización proveitosa polas persoas sexa compatible coa protección dos propios animais e a eliminación dos riscos que poidan derivarse para a vida, saúde e integridade física das persoas e demais animais e a seguridade dos bens, dentro do termo municipal. Aprobada polo Pleno 16/02/2000; BOP nº 119, do día 22/06/2000.
- Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións. Regulamento da actuación municipal para protexer as persoas e os bens contra as agresións producidas polos ruídos e vibracións, a achega de solucións ambientais operativas e de control. Foi aprobado polo Concello o 28/07/2000 e modificada polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria de 25/02/2008, BOP nº 69 do 10 /04/2008.
- Declaración de Zonas Acusticamente Saturadas (ZAS) e o protocolo de actuacions nas devanditas zonas. Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria de data 25/02/2008, BOP nº 69 do 10/04/2008.
Neste documento as declaradas Zonas Acusticamente Saturadas (ZAS) seguen un protocolo de actuacións.
- Ordenanza municipal sobre enerxía solar. Ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo. Aprobada polo Pleno o 28/11/2005, BOP nº 7 do 11/01/2006. Nota: Incorpora corrección de erros, BOP nº89 do 10/05/2006 e segunda corrección BOP nº 91 do 12/06/2006.
- Ordenanza reguladora de convivencia cidadá e ocio. Ordenanza municipal para a defensa do dereito á disfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa e no dereito ao descanso, tranquilidade do domicilio e inviolabilidade do domicilio.
Aprobada polo Pleno do concello de Vigo o 30 de marzo de 2009, BOP núm. 75, do 22/04/2009.
- Bando sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza. Aprobado polo Alcalde o 18/06/2008 de conformidade co disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Arts. 9 e 199), e na Ordenanza municipal de limpeza pública e tratamento de residuos sólidos urbanos (BOP núm. 200, do 18/10/1994).
- Ordenanza reguladora do uso e disfrute das praias. Instrumento de concienciación, convivencia e xestión eficaz do dominio público costeiro no ámbito de competencia municipal, que permita a compatibilidade dos dereitos e deberes dos usuarios da zona costeira coa protección do noso espazo natural. Aprobada polo Pleno o 28/04/2021; BOP nº 95, do 21/05/2021.
Mobilidade e Seguridade
Normalización lingüística
Orzamentos
Parques e xardíns
Patrimonio
Relacións públicas
Transportes
Tributos
Urbanismo
Vías e obras
Progresivamente, iranse engadindo máis textos e normas a esta sección.