Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

2026-09-10. Vigo envía a 24 novos estudantes a aprender inglés no Reino Unido

Foto noticia
Abel Caballero despediu a 24 novos rapaces e rapazas que marchan cara a Reino Unido para realizar a súa estadía coa beca do Concello co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento en inglés. Alumnado do IES Alexandre Bóveda e o IES Álvaro Cunqueiro viaxan a Twickenham, ao Richmond Upon Times School, onde estudarán o idioma. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias en inglés. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-09. Caballero despide a alumnado do programa "Vigo en Inglés\"

Foto noticia
Abel Caballero achegouse este mércores á praza de Vialia onde saudou aos estudantes do IES Beade e do IES Santa Irene, 23 mozas e mozos que estudarán en Dublín, no Deansrath Community College. Pola tarde, despediu ao alumnado dos colexios Barreiro, Montesol e Santa Cristina que parten cara Liverpool para aprender inglés en The Belvedere Academy. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias lingüísticas. Este ano 1.015 estudantes de cuarto de Educación Secundaria participan no Vigo en Inglés. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-09. O alcalde inaugura o curso escolar no CEIP A Doblada

Foto noticia
O alcalde destaca os máis de 18 millóns de euros que o Concello dedica á educación e reivindica o papel do profesorado na transmisión de "coñecemento e valores". O curso 2026-2027 comeza hoxe con 34.710 estudantes nas aulas de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-09. Volven as visitas guiadas para escolares nos museos municipais

Foto noticia
O Concello retoma este curso o programa de visitas guiadas á rede dos museos municipais dirixido a escolares de todas as etapas educativas. Desde o luns 14 ao mércores 30 de setembro, os centros educativos interesados en participar no programa cultural, que inclúe desprazamentos gratuítos en autobús, poderán inscribirse para participar na actividade didáctica, incluídos o programa Concello Educa, que terán lugar no Museo Quiñones de León e no CMAG Vigo-Casa das Artes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-08. Caballero despide aos alumnos que participan no programa "Vigo en Inglés\"

Foto noticia
Abel Caballero despediu aos primeiros alumnos que saíron cara o Reino Unido e Irlanda para participar no programa "Vigo en inglés\". Este ano 1.015 estudantes de cuarto Educación Secundaria contan coa bolsa municipal. Durante tres semanas mellorarán as súas competencias no coñecemento do idioma inglés. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-08. Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio

Foto noticia
O alcalde insta ao Goberno galego a recuperar este mesmo curso a gratuidade implantada en 2007 e destaca que o Concello destina máis de 18 millóns de euros ao ano a educación en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-04. Comeza o curso nas Escolas Infantís Municipais

Foto noticia
O alcalde visitou este venres a Escola Infantil de Navia na que botou a andar o curso 2026/2027 co período de adaptación das crianzas de entre 0 e 3 anos. En total, o Concello oferta 438 prazas nas nove escolas infantís. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-12. O Concello adxudica a xestión ata 2030 da escola infantil de Bembrive por 1,8 millóns de euros

Foto noticia
Caballero destacou que ou Concello destina ao ano 2.650.959 euros a financiar as 9 escolas infantís municipais e que todos os servizos - o comedor, a matrícula, a docencia e a atención especializada - son gratuítos para as familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. O Concello avanza este verán nas obras de reparación dos colexios de primaria

Foto noticia
O novo curso escolar comezará o próximo 9 de setembro nun importante número de centros públicos de Vigo coas melloras realizadas polo Concello. O alcalde avanzou este luns que o investimento municipal nas actuacións máis salientables superan os 250.000 euros. "No inicio de curso xa teñen que estar todos os colexios preparados", afirmou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-27. O Pleno insta á Xunta a abrir novos PAC en Vigo para desconxestionar a atención sanitaria

Foto noticia
A Corporación municipal aprobou, cos 21 votos favorables do PSOE e do BNG e os 5 votos en contra do PP, unha moción que reclama á Consellería de Sanidade a creación de novos Puntos de Atención Continuada na cidade e o cesamento do conselleiro de Sanidade. O Pleno deu luz verde, coa mesma votación, a unha segunda iniciativa sobre a implantación de novos ciclos de Formación Profesional Básica nos centros públicos vigueses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100