Patrimonio Histórico
Situado na zona central dos xardíns, de planta rectangular, constitúe unha continuación do edificio do Pazo e atópase ó seu mesmo nivel. A característica principal de este estilo de xardinería é a xeometría do seu trazado, ten unha grande dependencia das edificacións, ás que complementa e das que é prolongación.
As súas perspectivas domínanse dunha soa ollada, outórganlle unha elegancia e unha maxestosidade propias. O frecuente emprego de certas técnicas, como os recortes e mais as tallas, fai que se fale delas coma dunha escultura vexetal. É un xardín que quere amosar o triunfo do home sobre a natureza.
No deseño desta área obsérvase o que é un xardín regular neoclásico: tres eixos cruzan o xardín en sentido lonxitudinal -un deles denominado Paseo dos Escudos-, e perpendicularmente a estes outros tres, dividindo o conxunto en seis figuras simétricas. Neste sentido, cabe destacar o deseño realizado có Buxus sempervirens -buxo- a carón do Pazo, vén ser unha variante máis complicada do anterior, non un labirinto como semella e mesmo por veces se lle chama.
O equilibrio e a estabilidade, ó seren todas as especies de folla perenne e de crecemento uniforme -palmeiras-, e noutros casos controlados -sebes de buxos-, non permiten os desenvolvementos silvestres e caprichosos que se poden observar no roseiral. Este estilo de xardíns afástanse do ventureiro e seguen, pola contra, unha estrutura xeométrica.
Un miradoiro ideal para termos unha excelente vista deste xardín son as salas do andar superior do Museo nas súas fiestras orientadas cara ó sur.
As especies máis salientables deste xardín son:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100