Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)
Europa inviste no rural
Mediante resolución do 19/12/2019 do Director Xeral da Axencia Galega de Desenrolo Rural foi aprobada a concesión directa, mediante resolución, "Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020", dirixidas ao fomento a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións e, en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias. Entre a tipoloxía de actuacións previstas, atópase a de reforzo de firmes coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características.
No Anexo II figura o listado dos concellos beneficiarios e as correspondentes asignacións. O Concello de Vigo figura cunha asignación total de 57.221,00 €, distribuídas en dúas anualidades, 28.610,50 € na anualidade do 2020 e 28.610,50 € en 2021.
As obras ás que o Concello de Vigo aplicou a cantidade asignada son as de “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO CAMIÑO DA ARROUBA (ZAMÁNS)”. As obras consiste na execución dun muro de mampostería de pedra granítica cortada en bloques, con acabado rústico na súa cara vista. En todo o tramo que se execute o novo muro se instalará unha barreira de seguridade tipo bionda, de aceiro galvanizado, para garantir as condicións de accesibilidade e seguridade. A solución adoptada para a renovación e rehabilitación do firme, consiste no fresado de todo o tramo que se atopa en mal estado e a súa reposición con firme de base de aglomerado asfáltico en quente tipo AC16 Surf 50/70 D.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100