Participación cidadá

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-01-14. O Goberno local fomenta o asociacionismo con 475.000 euros para obras, mantemento, alugueiro e equipamentos

Foto noticia
Abel Caballero explicou este mércores que en 2025 o Concello apoiou a 42 entidades veciñais e culturais sen ánimo de lucro con subvencións por valor de 457.000 euros, dentro do programa de apoio do asociacionismo para acometer obras, afrontar os gastos de mantemento e de alugueiro así como os de equipamentos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-11. O Concello dedica máis de 500.000 euros anuais ao movemento veciñal

Foto noticia
O Goberno Municipal de Vigo aprobou as bases da convocatoria das subvencións destinadas a apoiar os actos sociais e eventos organizados polo movemento asociativo para fomentar a participación cidadá. Dotadas con 60.000 euros, estas axudas súmanse ao conxunto de apoios do Concello ao movemento asociativo da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-07-03. A Xunta de Goberno aproba as bases para as axudas de 456.000 euros destinadas ás asociacións

Foto noticia
O goberno municipal aprobou, na última Xunta de Goberno de xuño, as bases que reguladoras para destinar 456.000 euros a subvencións de asociacións e participación cidadá. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-23. O Concello aproba a convocatoria de subvencións para a promoción do deporte feminino na tempada 2024-2025

Foto noticia
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a subvención para financiar o programa "Conexións Vigo 2025" da Fundación Mayeusis e de dous convenios con entidades culturais na Xunta de Goberno desta mañá. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-02. Vigo dedica 1.390.000 euros para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro

Foto noticia
O alcalde informou que a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do programa ao que poderán acollerse as entidades que tiñan contratado persoal desde agosto do ano 2024 ata o 31 de xullo de 2025. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-02-24. O goberno local contrata os servizos de atención dos centros municipais de distrito

Foto noticia
A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-17. O goberno municipal aproba axudas para as asociacións veciñais por un importe de 450.000 euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou as axudas destinadas ás asociacións veciñais da cidade por un importe de 450.000 euros. O alcalde incidiu en que estas subvencións teñen por obxectivo "facilitar o traballo" das entidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-19. O 010 prestou case 20.000 servizos telefónicos ao longo do mes de outubro

Foto noticia
O servizo de atención telefónica do Concello recibiu case 20.000 chamadas durante o mes de outubro. A maior parte das interaccións foron para solicitar información sobre actividades, cursos, eventos ou trámites municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-13. O Concello dedica 100.000 euros ao fomento da participación cidadá

Foto noticia
O goberno local outorgará 100.000 euros en achegas para a organización de actos sociais e encontros veciñais. Tal e como explicou Caballero, financiaranse cuestións como a instalación de carpas ou iniciativas como competicións ou xogos populares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-25. O goberno municipal destina 100.000 euros a subvencións a entidades sociais e culturais da cidade

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou este venres a convocatoria e as bases para subvencionar con 100.000 euros actos sociais e encontros veciñais organizados por entidades de Vigo, así como as axudas con 48.000 euros dos programas organizados por as asociacións culturais (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100