Maiores
Creáronse centros para persoas maiores que teñen como obxectivo fomentar hábitos de vida saudable e a permanencia no propio contorno. Tamén hai outros centros, dirixidos a toda a poboación, nos que os nosos maiores poden realizar cursos, actividades, xuntanzas e tamén solicitar información social.
Pódense diferenciar en:
Destinados aos maiores con perda de autonomía física ou psíquica, son centros de atención diurna para persoas que, malia residiren nos seus propios fogares, precisan dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico ou social.
Institucións de información social, entretemento e dinamización sociocultural e comunitaria, cun ámbito territorial determinado, cuxas actividades van dirixidas, de modo xeralista, ao conxunto da poboación.
Para estadías permanentes en réxime de aloxamento, manutención e atención integral nun centro xerontolóxico residencial público.
Pode consultar as "Asociacións da Terceira Idade" no Listado de asociacións en Participación cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100