O envellecemento saudable e activo é unha forma de vida pola que se
opta. Alcanzar a vellez non é cuestión só de xenes, é tamén unha
elección persoal.
Desde este apartado pretendemos darlle información relacionada coa
saúde: desde consellos para unha vida saudable ata solicitar cita
médica, entre outros.
Saúde
Ás veces mellorar a nosa saúde é cuestión de cambio de hábitos.
- O Servicio Galego de Saúde (SERGAS) ten unha sección dirixida a maiores, na cal poderá informarse sobre:
- Como levar unha vida saudable, consellos e alimentación.
- Información sobre o insomnio e consellos para durmir mellor.
- Consellos para previr caídas, fortalecer as costas,...
- Vacinas.
- Publicacións recomendadas sobre enfermidades e coidados para maiores
- O Ministerio de Sanidade e Consumo no seu interese pola protección da saúde editou unha guía de "Recomendacións sobre nutrición". Ver o contido.
Sanidade
O Servizo Galego de Saúde facilitou aos seus usuarios realizar algúns trámites desde o seu domicilio, a través de internet, aos cales pode acceder desde aquí:
- Guía de comunicación, ofrécelle un completo directorio de direccións, teléfonos, correos electrónicos e páxinas web, a través dos cales pode localizar e contactar de forma directa coas distintas institucións, centros, hospitais e dispositivos que interveñen na xestión dos servizos sanitarios.
- Solicitar cita de Atención Primaria, vostede poderá solicitar cita nun Centro de Saúde de Atención Primaria, así como consultar e cancelar as súas próximas citas.
- Tarxeta sanitaria, información sobre a tarxeta, solicitala por primeira vez ou por perda, modificar datos,..
- Cambio de médico, pode cambiar o seu médico ou centro de Atención Primaria.
Trámites relacionados con Saúde e Sanidade
Desde a Oficina Virtual do Concello obterá información sobre os seguintes trámites: