Centro Municipal Casco Vello
Centro inaugurado oficialmente no mes de maio de 2003.
Destaca deste Centro: o Viveiro de Asociacións, agrupadas nun marco de convivencia e traballo, organizado e exemplar, así como a cantidade e variedade de actividades que se realizan, satisfacendo as demandas de lecer e formación da veciñanza.
Viveiro de Asociacións: sede das asociacións:
- REDE de mulleres veciñais contra os malos tratos.
- AGAL-LUPUS: Asociacion galega de Lupus.
- FADEMGA: Federacion de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia.
Oficina Municipal de Distritos: Oficina integrada no propio Centro Municial, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente dos arredores.
Centro Municipal de Internet (CMI):
- Acceso a internet por banda ancha.
- Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
- Conexión inalámbrica. (Wifi) gratuíta
- É necesario facerse un carné:
- Presentar DNI e unha fotografía.
- Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
- É gratuíto e non necesita renovación.
- Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.
Instalacións:
- Sala de reunións: aforamento para 25 persoas.
- Sala de lectura: aforamento para 15 persoas.
- Salón de actos: aforamento para 80 persoas.
Actividades e Servizos:
- Calendario de actividades
- Servizo de préstamo de libros.
- Banco de libros
- É necesario un carné de socio, válido para o uso do aula de internet.
- Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.
- Libros de consulta, prensa, revistas, dicionarios e enciclopedias, literatura variada.
- Exposicións fotográficas.
- Reunións de Asociacións.
- Charlas e coloquios sobre temas de actualidade.
- Actividades de formación.