Xerencia Municipal de Urbanismo

Cartografía oficial

En agosto de 2018 realizouse un voo fotogramétrico do termo municipal para proceder á actualización da cartografía municipal.

A nova cartografía oficial a escala 1/1000 e sistema de referencia ETRS89 fuso 29, obtida tomando como partida a cartografía anterior en formato CAD, actualizouse mediante restitución a partir deste voo. Esta cartografía elaborouse como unha base topográfica vectorial en formato SIX e a súa estrutura de datos de información sigue o modelo da Base Topográfica Urbana de Vigo (BTUV).

BTUV, en coherencia co modelo da BTUG, consta dunhas especificacións técnicas, un catálogo de fenómenos e un dicionario de fenómenos. Os tipos de fenómenos se agrupan en temas (subconxuntos de datos relativos a fenómenos dunha mesma temática ou categoría) e foron definidos en concordancia coa directiva INSPIRE:

  1. Puntos de referencia
  2. Nomes xeográficos
  3. Transporte
  4. Hidrografía
  5. Relevo
  6. Cuberta terrestre
  7. Edificacións, poboacións e construcións
  8. Mobiliario urbano
  9. Servizos
  10. Organización do territorio

Dita cartografía tamén está dispoñible en formato CAD (dwg e dgn) en continuo ou como colección de follas segundo a cuadrícula cartográfica (700x500).

A partir das imaxes do voo elaborouse unha ortofotografía aérea a 10 cm. da totalidade do municipio de Vigo (dispoñible en continuo ou como colección de follas) e Modelos Dixitais do terreo (MDT) e de superficie (MDO) a 5 m do termo municipal.

Rede de Bases Municipal

A rede de bases municipal (RBMCV) está composta por 100 bases ou cravos distribuídos polo termo municipal, e que servirán de apoio para o control de precisión nos traballos de levantamento topográfico mediante GPS.

cravo

Todos os cravos que compoñen a rede están gravados co texto “Concello de Vigo” e o número en formato NNN (001-100).

Se identifican na documentación cunha numeración continua dende RBMCV01 a RBMCV100. Realizouse unha reseña en campo de cada base na que figura a descrición e un croquis, e obtívose unha fotografía no momento da súa observación.

cravo

Documentación dispoñible:


Outras publicacións

Acceso a outras publicacións deste servizo, como por exemplo a cartografía histórica

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100