Medio Ambiente
Vivimos rodeados dunha riqueza que moitas veces pasa desapercibida. Bosques, zonas húmidas, praias, marismas, dunas, grandes parques urbanos e pequenos xardíns…están tan incorporados á nosa vida cotiá que non reparamos na grande actividade biolóxica que ten lugar en cada un deles ao longo do ano. Pero abonda con deterse un momento para empezar a ver como a vida se abre paso nos diferentes espazos naturais do municipio.
É o que pretendemos con esta Axenda 2011 Vigo Natural, pero ademáis queremos que sexa un recordatorio das oportunidades de gozo persoal e familiar que ofrece o paso das estacións e os ciclos de fauna e flora que se van sucedendo, así como dos fenómenos naturais vinculados ao paso do tempo. Porque vivíndoos e sendo conscientes deles, aprendemos a aprecialos, o primeiro paso para protexelos e conservalos.
Mensualmente subiremos a este espazo contidos específicos sobre os aspectos máis destacables do noso municipio, ademáis dos propios calendarios con información sobre datas sinaladas, mareas e acontecimentos astronómicos, entre outros.
Desexamos que esta axenda vos sexa de utilidade e non duvidedes en contactar con nos para calquera consulta.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100