Medio Ambiente

Control de poboación de gaivotas

Neste servizo realizouse un censo das colonias nidificantes de gaivota que manifestou o seu incremento e unha proliferada presenza de niños nos tellados dos edificios en zonas urbanas, supoñendo un risco para a saúde e seguridade das persoas así como continuas molestias para os veciños afectados. Asemade, obtívose autorización da Consellería de Medio Ambiente para a retirada controlada de ovos dos niños das gaivotas instalados nos tellados dos edificios do casco urbano do Concello dende o 1 de abril ata o 31 de agosto de 2008. Os devanditos servizos se están a prestar a través dunha empresa especializada en control e prevención de plagas.

Asemade, co fin de dar solucións á cidadanía polas continuas queixas das gaivotas confeccionouse un folleto coa información do estudo e seguemento da colonia de gaivotas e a retirada de niños e ovos, e no que se indican unha serie de pautas á hora do noso comportamento con estas aves (non lle dar de comer, non deixar lixo fóra dos colectores, etc).

Actuacións coas gaivotas na cidade de Vigo pdf (5 MB)

 

Población e gaivotas Población de gaivotas
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100