Información
Saiáns é unha pequena parroquia, 1,82 quilómetros cadrados no extremo occidental do concello, no límite con Nigrán. Ten, segundo o último censo, 3.814 habitantes, sendo unha das parroquias máis rurais de Vigo, especialmente na súa zona interior. Para Gerardo Sacau, o topónimo de Saiáns remitiría a San Xoán, derivado do latín Sanctus Ioannes.
No monte das Medoñas localízase un castro, mentres ca no castro de Estea, preto da estrada a Baiona, topouse un xacemento rico en machados da Idade do Bronce.Tocante ó seu patrimonio etnográfico, destacan as ruínas dun conxunto tradicional de vivenda, con estructuras adosadas, o gran número de muíños e a fonte do barrio de Fontán. A igrexa de San Xurxo foi construída na segunda década do século XX.
A preocupación medioambiental caracteriza a parroquia, que foi a primeira en dispor dun parque forestal, que serviu de modelo ó resto dos que conforman o cinturón verde de Vigo. Doutra banda, dende 1995 traballa na parroquia a Aula da Etnografía e a Natureza co obxectivo da recuperación dos instrumentos propios da cultura tradicional galega e da súa divulgación.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100