Persoas con discapacidade
O Concello de Vigo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade con Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que trasponse a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de outubro de 2016.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web hoxe.vigo.org, excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.
Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, debido a falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
A presente declaración foi preparada o 8 de xaneiro de 2020 e modificada o 22 de Decembro de 2020.
O método empregado para preparar a declaración foi unha avaliación levada a cabo pola empresa Everycode S.L o 22/12/2020.
Última revisión da declaración: 22 de Decembro de 2020
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) como, por exemplo:
Pode presentar:
Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
A través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorra o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada a través da Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de accesibilidade do Concello de Vigo.
O sitio web está optimizado para as últimas versións vixentes de FireFox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024.
O sitio web está deseñado para unha visualización adaptable, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para o sua visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.
As teclas de acceso son un dispositivo de navegación que lle permite navegar por este sitio web utilizando o teclado dunha maneira rápida. Mediante elas enlázase coas principais seccións e utilidades do portal.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100