Cultura

Museo da Arte Deportiva

Enderezo: avenida de Balaídos s/n
Teléfonos: 986 297 101 / 986 244 119

Horario: unha hora antes de cada partido

O Museo Deportivo inaugurouse o 12 de marzo de 1999 e abarca toda a historia do Real Club Celta desde o seu nacemento en 1923 coa fusión do Real Vigo Sporting Club e o Real Fortuna, até os nosos días.

Conta con diversas salas que nos amosan a historia do club, os trofeos conseguidos, placas conmemorativas, bandeirolas, fotografías de múltiples aliñacións e os logros conseguidos no baloncesto e atletismo que nos fan lembrar e coñecer a fondo as fazañas do club Celta.

As diferentes salas están clasificadas pola súa temática: Orixes do Real Club Celta –desde os anos 50 até os nosos días–, Sala de Trofeos, Competicións europeas, Sala de Baloncesto e Atletismo, salas de Fútbol Base e Celta B, salas de Estatística, Hemeroteca, Videoteca e Peñas.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100