Emprego Local

Programa municipal Vigo emprega

O Programa Vigo Emprega, financiado con fondos propios o Concello de Vigo, é un programa de formación e desenvolvemento dirixido preferentemente á inserción de persoas con especiais dificultades para atopar emprego, sendo o obxectivo a realización de obras e/ou servizos de interese omunicipal. Para isto realizáronse actuacións dirixidas ao establecemento de contratos de traballo acompañados de procesos formativos de traballo adaptados ás necesidades das persoas participantes; accións de información e orientación laboral, tanto individuais como en grupo; prospección empresarial, con acompañamento e inserción no mercado laboral.

"Acordo marco de regulación das condicións sociolaborais das contratacións realizadas no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007", anuncio publicado no BOP de Pontevedra do 11 de maio relativo ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 30 de abril de 2020, de aprobación da actualización da estrutura salarial dos traballadores/as beneficiarios/as do acordo.

Vigo Emprega 2024

Histórico

Comenzou a súa actividade baixo a denominación de PROMIL e BIAL, e no ano 2008 como Programa UTIL (Unidade de traballo e inserción laboral). Posteriormente denominouse Vigo Emprega.

  • Vigo Emprega 2023 - Participantes: 75
  • Plan Municipal de Emprego 2022 - Participantes: 72
  • Vigo Emprega 2020 - Participantes: 94
  • Vigo Emprega 2018-2019 - Participantes en 2 quendas: 136
  • Vigo Emprega 2017-2018 - Participantes en 2 quendas: 214
  • Vigo Emprega 2016-2017 - Participantes en 2 quendas: 220
  • Vigo Emprega 2015 - Participantes: 201
  • Vigo Emprega 2014 - Participantes: 100
  • Vigo Emprega 2013 - Participantes: 122
  • Vigo Emprega 2012 - Participantes: 101
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100