- Enderezo: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, R/ Joaquín Yáñez, 6, 2º andar (Casco Vello), 36202- Vigo.
- Teléfono: 986 436 441
- Email: centro.documentacion.feminista@vigo.org
- Máis información e novas acerca das actividades en : www.igualdadevigo.org
- Horario:
- Os luns e venres: de 10:30 a 13:30 horas.
- Os martes, mércores e xoves: de 16:30 a 20:30 horas.
- Xullo: Luns de 9:30 a 13:30. Martes a venres de 10:00 a 13:30 horas.
- Agosto: pechado.
O "Centro de Documentación e Recursos Feministas" é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.
Este centro está integrado na Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, e depende da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Entre os obxectivos do Centro de documentación, podemos sinalar:
- Visibilizar as achegas das mulleres á sociedade.
- Ser un lugar de encontro e de intercambio de información e experiencias.
- Reunir e conservar documentos elaborados polo Movemento Feminista.
O servizo ofrece ao público:
- Atención directa ou por medios telemáticos.
- Consulta de documentación en sala de lectura.
- Préstamo a domicilio.
- Préstamo interbibliotecario.
- Asesoramento documental.
- Busca en base de datos.
- Asesoramento documental e actividades de extensión cultural (presentación de libros, videoforum, club de lectura, faladoiros, etc).
Ten un fondo documental que consta de 10.400 volúmenes; 151 títulos de publicacións periódicas e 970 unidades de material audiovisual.