As Illas Cíes

Praia de Rodas

Bandeira azul 

  • Localización: illas Cíes (illa de Monteagudo e do Faro)
  • Tamaño do areal: 1300 m de longo por 60 de ancho. É a praia máis estensa.
  • Como chegar: a través do barco desde a estación marítima chégase ao peirao de Rodas, a praia está á esquerda.
  • Accesos: Escaleiras e diferentes camiños ao longo do areal
    Dotacións: servizos públicos, Cruz Vermella, vixilancia e socorrismo, megafonía, restaurantes, camping e caseta de información
  • Posto da Cruz Vermella: xullo e agosto todos os días desde a chegada do primeiro barco até a saída do derradeiro. Xuño e setembro durante as fins de semana. 2 socorristas e un médico.
  • Descrición: Esta praia une as illas de Monteagudo (norte) e do Faro (centro) do arquipélago das illas Cíes. Posúe unha area fina e branca, así como unhas augas cristalinas de cor esmeralda. Xunto a ela consérvanse zonas de dunas naturais que, actualmente, están en fase de recuperación.
  • Calidade da auga: Última análise (Máis información)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100