Sanidade e Saúde

Nutrición

A Nutrición no Fomento dos Hábitos de Vida Saudable

A nutrición é o acto involuntario no que o noso corpo procesa os alimentos e absorbe os nutrientes, quedando así o outro termino, a Alimentación, que será o acto voluntario de inxerir os alimentos por nós mesmos.

En canto á nutrición podemos dicir, que é a ciencia que estuda a relación entre os alimentos e a saúde. Así os obxetivos da nutrición son: Obter enerxía para o noso funcionamento diario, repara os tecidos corporais danados e regular os procesos metabólicos do noso corpo, como pode ser por exemplo a producción de enerxía a partir de nutrientes. Xa que logo visto isto, para gozar dun bo equilibrio nutricional, proporcionando un achegue calórico adecuado para cada persoa, cubriendo sempre o achegue de hidratos de carbono, graxas e proteínas, achegando a cantidad de vitaminas y minarais necesarias, auga e achegue de fibra. Os hábitos nutricionais saudables son fundamentáis para evitar problemas como poden ser entre outros a cada vez máis presente obesidade infantil, ademáis de problemas cardiovasculares, anemia, hipertensión, osteoporosis, diabetes, lestes son algúns problemas de moitos que se producen por unha mala nutrición e uns hábitos alimentarios equivocados, o que dificultan un estado de vida saudable.

Entre as última décadas produciuse un aumento de sobrepeso e obesidade na Unión Europea. Especialmente nos nenos. Este é un reflexo da deterioración da calidade de alimentación e tamén claro esta da actividade física na Unión Europea.

Este aumento da obesidade é un grave problema para nosa sociedade. A Organización Mundial para a Saúde (OMS) calcula que 100 millones de persoas teñen peso excesivo y 300 millones son obesas, sendo o sector máis afectado os nenos. Algo que é moi preocupante.

Xa que logo podemos dicir que é fundamental unha boa alimentación, a cual precisa unha boa educación en hábitos alimentarios saudables e o exercicio físico, para gozar de boa saúde e benestar físico e mental, Fomentando de este xeito un estilo de vida saudable polo ben da nosa sociedade

Vitaminas Liposolubles

As vitaminas pertencen o grupo dos micronutrintes, non presentan un valor enerxético propio pero se son necesarias no noso organismo en pequenas cantidades. Sen elas o noso organismo non asimilaría os macronutrintes.

Imos a falar dun tipo de vitaminas coñecidas como vitaminas Liposolubles, estas son as que se disolven en grasas e aceites, vitaminas; A, D, E, K.

 

Vitamina A:

A súa máxima presenza atopámola nos alimentos de orixen animal en forma de vitamina A (retinol). Nos vexetais aparece como Provitamina A, tamén coñecida como carotenos. Esta vitamina é importante para os nosos ósos ademáis de para o crecemento, desenvolvemento e reparación de texidos. Outra función será no sistema inmune axudando a prevención de enfermidades infecciosas. Tamén será importante para a vista, sin esquecernos da súa función antioxidante contra o envellecemento celular.

Algúns alimentos ricos en vitamina A:

Contenido en vitamina A por 100 gr de comestible;

  • Fígado: 4427 µg
  • Zanahoria: 1333 µg
  • Espinacas: 672 µg
  • Atún: 655 µg
  • Acelga: 610 µg
  • Xema fresca de Ovo: 584 µg
  • Mango: 389 µg
  • Leituga: 260 µg
  • Níspero: 153 µg

Vitamina D:

A vitamina D intervén na absorción do calcio e o fósforo para a mineralización dos ósos e dentes. Algunha enfermidade por carencia de vitamina D sería raqutismo nos nenos y osteomalacia nos adultos.

Na carne a catidade máis amplia de vitamina D, atópase nun derivado cárnico como son as vísceras, por exemplo; O fígado, que é tamén rico en ferro, ademais tamén temos os miolos e moellas.

Os peixes serán unha boa fonte de vitamina D e de A, atopándose no musculo do peixe.

Os ovos presentan vitamina D, ademais da A, E e as do grupo B.

Algúns alimentos ricos en vitamina D:

Contido de Vitamina D por 100 gr de parte comestible;

  • Xúreo: 36 µg
  • Bonito: 20 µg
  • Sardiña: 8 µg
  • Boquerón: 8 µg
  • Fígado de Porco: 2.2 µg
  • Copos de Millo Tostado: 2.1 µg
  • Careáis Integrais: 1.6 µg
  • Ovos de Galiña: 1.8 µg
  • Mostaza: 10 µg

Vitamina E:

Esta vitamina ten unha serie de función como a súa capacidade para captar oxixeno, actúa como antioxidante no nosos organismo disminuíndo a oxidación celular, permitindo deste xeito a rexeneración dos tecidos. Participa tamén na formación de glóbulos vermellos.

O seu déficit pode provocar no noso organismo enfermidades como pode ser a anemia, tamén temos que ter coidado cun exceso de esta vitamina podendo reducir algún trastorno do tipo metabólico. (Cantidade recomendada; 8-10 mg)

Algúns alimentos ricos en vitamina E:

Contido de Vitamina D por 100 gr de parte comestible;

  • Aceite de Girasol: 50,6 µg
  • Aceite de Améndoas: 39,3 µg
  • Avellanas: 23,9 µg
  • Aceite de Millo: 21,1 µg
  • Aceite de Soia: 18,2 µg

Vitamina K:

A vitamina K ten como principal función a coagulación sanguínea ademais de ser importante para el mantenimiento dos ósos.

Non soe presentarse problemas de déficit nesta vitamina xa que esta presente en numeroso alimentos, la deficiencia pode surxir por déficit na sua absorción.

Soese utilizar para prevenir as enfermidades hemorrágicas nos recién nados, procesos de mala absorción desta vitamina, ademais das hepatitis agudas.

Algúns alimentos ricos en vitamina K: Nabo, Coliflor, Repolo, Leituga, Fígado, Espinacas, Aceite de Oliva.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100