Logos

Plan de actuación integrado. Vigo Vertical Travesas-Castrelos

Plan de actuación integrado. Vigo Vertical Travesas-Castrelos.

O Plan de Actuación Integrado (PAI) Vigo Vertical Travesas-Castrelos fundamentase na corrección da fragmentación territorial, a preservación e posta en valor da identidade territorial e a reactivación do comercial e social en áreas periféricas.

Obxectivo xeral e obxectivos específicos do proxecto

O obxectivo do PAI Vigo Vertical Travesas-Castrelos é impulsar o modelo de cidade equilibrada e sostible de Vigo mediante actuacións de rexeneración urbana, conectividade entre barrios e densificación de actividades que permita a creación de novas centralidades en liña coa Axenda Urbana de Vigo e as directrices do PXOM.

Para logralo o PAI Vigo Vertical Travesas-Castrelos expón os seguintes obxectivos específicos:

  • Fomentar a creación de novas centralidades urbanas a través da rexeneración do tecido urbano e a mellora do espazo público, impulsando o comercio local e a diversificación de actividades económicas para xerar contornos máis dinámicos, mixtos e resilientes.

  • Implementar infraestruturas de mobilidade sostible ampliando a actuación do proxecto VIGO VERTICAL desde as Travesas á praza de España, desenvolvendo novos corredores peonís, carrís bici e transporte público electrificado que reforcen a conectividade e cohesión entre barrios do ámbito do proxecto.

  • Revalorizar os recursos patrimoniais e a identidade dos barrios mediante intervencións de conservación e posta en valor como motor de desenvolvemento económico e local.

  • Mellorar o acceso aos equipamentos e servizos públicos que melloren a calidade de vida da cidadanía e reduzan os desprazamentos.

Documentos relacionados:

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100