Emprego Local

Programa de integración de emprego

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE VIGO 2019-2020 TR332A 2019/44

Os programas integrados de emprego, teñen como obxecto, mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas en situación de desemprego inscritas como tal nas oficinas de emprego da nosa cidade, mediante accións programadas e deseñadas que faciliten o seu acceso ao emprego.

Destinatarios:

Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas do Servizo Público de Emprego. Número de participantes: 100 persoas. Inserción prevista: 39%

Colectivos do programa:
Persoas desempregadas con discapacidade 4
Persoas desempregadas en risco de exlusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia 4
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 30
Persoas desempregadas menores de 30 anos con cualificación 48
Mulleres desempregadas 9
Persoas desempregadas de longa duración 3
Persoas desempregadas inmigrantes 2
Total participantes 100

Duración do programa:

  • Data de inicio 21 de outubro de 2019.
  • Data de fin: 20 de outubro de 2020.

Enderezo:

  • Centro de Iniciativas de Emprego CIE, rúa Pérez Bellas, 9 Sotano.
  • Teléfono: 986616368
  • Correo: ofi.emprego@vigo.org

Contía do programa:

  • Importe subvención: 208.400 euros
  • Cofinanciación Concello de Vigo: 50.000,50 euros
  • Total custo proxecto (subv+cofinanc.): 258.400,50 euros

Formación Prevista dentro do Programa integrado de emprego do Concello de Vigo para as anualidades 2019-2020.

Formación Transversal
Denominación Nº edicións Horas/edición Nº participantes/edición
Obradoiro de ferramentas para o emprego: Deseño CV, Videocurriculum. 4 5 15
Obradoiro de selección de persoal: A entrevista de traballo. 4 5 15
Obradoiro de movilidade xeográfica: O emprego no estranxeiro. 1 5 15
Alfabetización informática. 1 25 15
Formación con Certificado de profesionalidade:
Denominación Nº edicións Horas/edición Nº participantes/edición
Actividades auxiliares de almacén - COML0110 1 210 15
Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil - SSCB0209 1 310 15
Outra formación:
Denominación Nº edicións Horas/edición Nº participantes/edición
Manipulador de alimentos 2 10 15
Carné de conducir 2 90 12
Manipulador de medios mecánicos: carretilleiro 1 30 15
Competencias clave que se impartirán dentro do programa integrado:
Denominación Nº edicións Horas/edición Nº participantes/edición
Competencia clave matemáticas Nivel 2 1 120 15
Competencia clave Lingua castellana Nivel 2 1 120 15
Competencia clave Lingua galega Nivel 2 1 25 15

As persoas participantes nas diversas accións do programa integrado de emprego poderán beneficiarse das bolsas de asistencia de acordo co establecido na orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia para os anos 2019-2020.

Programa cofinanciado pola Xunta de Galicia, Servicio Público de Empleo Estatal e Concello de Vigo.

Presentación de solicitudes a través do Servizo de atención telefónica 010 do Concello de Vigo.

Prazo de presentación ata o 30 de novembro de 2019.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100