Logos

Programa municipal de coordinación, planificación, seguemento e evaluación dos proxectos financiados con fondos do PRTR

En relación á necesidade de establecer mecanismos de control e seguimento nos procesos de execución das actuacións relacionadas co PRTR, o BOE do 30 de setembro de 2021 publica a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o sistema de xestión do PRTR que ten como finalidade configurar e desenvolver un Sistema de Xestión orientado á definición, planificación, execución, seguimento e control dos proxectos e subproxectos nos que se desagregan as medidas (reformas/investimentos) previstas nos compoñentes do PRTR.

A citada Orde é de aplicación ás entidades que integran o sector público de conformidade co disposto no artigo 2.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como a cantos outros axentes interveñan na execución do PRTR como receptores de fondos, establecendo os procedementos e instrumentos necesarios para garantir a súa coordinación e seguimento.

Dentro do amplo desenvolvemento desta Orde, cómpre destacar en relación co obxecto deste expediente, que en relación cos principios específicos de xestión do PRTR, determinase o estándar mínimo a cumprir en relación cos "fitos", "obxectivos", "proxectos" e "subproxectos". Estas referencias poderán ser ampliadas polos órganos responsables e xestores, e actualizadas pola Autoridade Responsable.

A vista do contido desta Orde, O Concello de Vigo como posible entidade beneficiaria e executora de proxectos financiados con fondos económicos do PRTR, debe contar cunha estrutura organizativa específica que poda garantir unha correcta planificación, execución e seguimento dos proxectos que o Concello de Vigo poda desenvolver no marco do PRTR, e no seu caso poder cumprir coas obrigas derivadas da condición de "beneficiario" de proxectos financiados con fondos do PRTR.

A vista destas necesidades a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo en sesión de data 17 de febreiro de 2022, acordou aprobar o Programa municipal de coordinación, planificación, seguimento e avaliación dos proxectos financiados con fondos do PRTR- Programa next generation UE. Expediente 1185/441.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100