Emprego Local
Os obradoiros de emprego son proxectos de carácter temporal nos que a aprendizaxe e a cualificación se alternan co traballo produtivo en actividades de interese público ou social que permitan a inserción a través da profesionalidade e adquisición de experiencia das e dos participantes.
Os obradoiros de emprego terán unha duración de seis meses ou nove meses. Unha vez transcorrido o prazo de duración previsto na correspondente resolución aprobatoria entenderase finalizado o proxecto de "Obradoiros de emprego".
Dende o inicio do "Obradoiro de emprego" os/as alumnos/as traballadores/as serán contratados polas entidades promotoras, para que se utilizará como modalidade contractual máis adecuada a do contrato para a formación.
A duración dos contratos de traballo subscritos con alumnado traballador non poderá exceder á data de finalización do proxecto do "Obradoiro de emprego".
O alumnado traballador percibirá as retribucións salariais que lle correspondan, de conformidade co previsto na normativa aplicable.
Durante o desenvolvemento do "Obradoiro de emprego" o alumnado traballador recibirá formación profesional ocupacional axeitada á ocupación que desempeñen.
O Concello de Vigo pon en marcha o proceso selectivo do Obradoiro dual de emprego "VIGO CAPACITA X" Cunha duración de 9 meses para un total de 20 alumnos/as traballadores/as, que recibirán formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade Nivel 2 para 10 alumnos na especialidade de "Cociña (HOTR0408)" e os outros 10 na especialidade de "Montaxe e mantemento de paneis solares fotovoltaicos (ENAE0108)", que contan para o seu desenvolvemento cun equipo directivo composto por director/a, titor/a, dous expertos/as docentes e administrativo/a.
O procedemento establecido nas bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno Local en data 04/11/2024 para o sistema de admisión de persoas candidatas será o de oferta de emprego dirixida á oficina correspondente do Servizo Público de Emprego,aos efectos de que se remita a listaxe de persoas candidatas que reúnan os requisitos para participar no presente procedemento de acordo cos parámetros de sondaxe reflectidos nas bases. O sistema de selección constará dunha primeira fase que consistirá na celebración dunha entrevista persoal, co obxecto de avaliar os coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desempeño do posto e unha segunda fase de avaliación das circunstancias persoais e profesionais das persoas candidatas de acordo cos criterios reflectidos nos Baremos contidos en ANEXO I das ditas bases.
Proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio:
Proceso de selección do alumnado-traballador:
O Concello de Vigo pon en marcha o proceso selectivo do Obradoiro dual de emprego "VIGO CAPACITA IX" dunha duración de 12 meses para un total de 20 alumnos/as traballadores/as, que recibirán formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade Nivel 2 para 10 alumnos na especialidade de "Cociña (HOTR0408)" e os outros 10 na especialidade de "Servizos de Restaurante (HOTR0608)", que contan para o seu desenvolvemento cun equipo directivo composto por director/a, titor/a, dous expertos/as docentes e administrativo/a.
O procedemento establecido nas bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno Local en data 27/10/2023 para o sistema de admisión de persoas candidatas será o de oferta de emprego dirixida á oficina correspondente do Servizo Público de Emprego,aos efectos de que se remita a listaxe de persoas candidatas que reúnan os requisitos para participar no presente procedemento de acordo cos parámetros de sondaxe reflectidos nas bases. O sistema de selección constará dunha primeira fase que consistirá na celebración dunha entrevista persoal, co obxecto de avaliar os coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desempeño do posto e unha segunda fase de avaliación das circunstancias persoais e profesionais doscandidatos de acordo cos criterios reflectidos nos Baremos contidos en ANEXO I das ditas bases.
Proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio:
Proceso de selección do alumnado-traballador:
Ten unha duración de 9 meses para un total de 20 alumnos/as traballadores/as, que recibirán formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade Nivel 2 para 10 alumnos na especialidade de Cociña (HOTR0408) e os outros 10 na especialidade de Servizos de Restaurante (HOTR0608), que contan para o seu desenvolvemento cun equipo directivo composto dun/dunha director/a, un/unha titor/a, dous expertos docentes e un/unha administrativo/a.
Resumo das actividades formativas e dos servizos e obras:
Sexta edición do programa Vigo Capacita, no cal un total de 20 alumnos/as traballadores/as, 10 na especialidade de Cociña (HOTR0408) e os outros 10 na especialidade de Servizos de Restaurante (HOTR0608), reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos referidos certificados de profesionalidade.
Este programa de emprego está cofinanciado mediante subvención da Xunta de Galicia por importe total de 346.946,00 € e unha achega municipal en 45.001,00 € para a realización do obradoiro dual de emprego denominado VIGO CAPACITA VII, co obxectivo final de formar e cualificar ao alumnado-traballador para acadar a máxima inserción laboral do mesmo no sector no que queren traballar e, ao mesmo tempo que se realicen servizos de interese para a comunidade. O proxecto reflicte algúns dos que se pretenden coa posta en marcha deste proxecto:
A duración do "Obradoiro de Emprego VIGO CAPACITA VII" está establecida en 9 meses.
Para o seu desenvolvemento, empréganse as instalacións do CVC de Valadares, que están adecuadamente adaptadas ás necesidades do obradoiro.
Ten duración de 9 meses para un total de 20 alumnos/as traballadores/as, que recibirán formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade Nivel 2 para 10 alumnos na especialidade de Cociña (HOTR0408) e os outros 10 na especialidade de Servizos de Restaurante (HOTR0608), que contan para o seu desenvolvemento cunha equipa directiva composta dun director, unha titora, dous expertos docentes e unha administrativa.
Ten unha duración de 12 meses, dende o 13 de agosto de 2021 ata o 12 de agosto de 2022. Un total de 16 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade nas especialidades de "Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía web (IFCD0210)" e en "Sistemas de Xestión de Información (IFCD0211)", cun equipo directivo do que forman parte unha directora, unha titora, un experto docente e unha administrativa.
O Concello de Vigo pon en marcha o proceso selectivo do equipo directivo, docente e de apoio así como o proceso selectivo do alumnado-traballador do Obradoiro dual de emprego "FORMAWEB V" dunha duración de 12 meses para un total de 16 alumnos/as traballadores/as, que recibirán formación profesional para o emprego dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade Nivel de cualificación 3 nas especialidades de:
Resolución de concesión da subvención
Proceso de selección de alumno - traballador:
Proceso de selección do personal directivo, docente e de apoio:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100